EPA Pontevedra
                     EPAPU Río Lérez
 
Drop Down Menu Drop Down Menu  

Oferta educativa do Centro

 

Ofrecemos as seguintes opcións educativas:

 
     ENSINANZAS BÁSICAS INICIAIS

         Nivel I: Alfabetización
   
Adquisición de destrezas de lecto-escritura e matemáticas.

          Nivel II: Perfeccionamento
   
Para quen non posúe ningunha titulación e desexa:
 -Mellorar os seus coñecementos
            -Acceder ao ensino secundario (Nivel II)

Matrícula aberta durante todo o curso.
Grupos reducidos con atención individualizada.

   OBTENCIÓN DO GRADUADO EN ESO

    Pódese completar en dous anos académicos (catro cursos cuadrimestrais: de setembro a febreiro, e de febreiro a xuño). Permite a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria, necesario para acceder aos Ciclos Formativos de Grao Medio e Bacharelato. Horarios de mañá e tarde.

       Modalidade Presencial:
   Módulos (cursos) 1 e 3, meses de setembro - xaneiro
   Módulos 2 e 4, meses de febreiro - xuño

      Modalidade a distancia Semipresencial:
   Matrícula: Aberta ata o 15 de Maio.
   Posibilidade de matrícula de ámbitos de diferentes módulos á vez.

 

  BACHARELATO A DISTANCIA SEMIPRESENCIAL

Clases no centro (horarios de mañá e tarde), unha hora semanal por asignatura e unha titoría orientativa por asignatura cada 15 días. Exames no centro.

 Modalidades:

         - Ciencias e tecnoloxía 

         - Humanidades e Ciencias Sociais

 

ENSINANZAS NON REGRADAS

       - Cursos de lingua castelá e galega para inmigrantes
         

       - Cursos de iniciación e perfeccionamento en informática (adultos)
    
      -Internet
           -Office

      - Iniciación e perfeccionamento de inglés / francés

    - Ximnasia de mantemento (NOVO!).

      - Preparación do exame de acceso a Ciclos Superiores de FP (NOVO!)

 

    AULA MENTOR

 Ampla oferta de cursos vía Internet para actualizar o seu perfil profesional, potenciar o acceso ao emprego e aumentar a formación.
  Certificación de aproveitamento expedido polo MEC e a Consellería de Educación con validez no mundo laboral.
  Matrícula aberta todo o curso.

Novas e Anuncios

   

Visitas no curso

Aula virtual do centro